Os procedementos contencioso-administrativos francés e mexicano unha análise comparativa
- 41 páginas
Introducción -- Historia -- O contencisoso-administrativo francés -- O contencisoso-administrativo mexicano -- Conclusiones
Con este artigo, o autor pretende demostrar a íntima vinculación que existe entre o procedemento contencioso-administrativo francés e mexicano. No caso do segundo, inspirado desde as súas orixes polo sistema francés, aínda que con importantes diferenzas. O artigo busca dar as bases e as pautas básicas para a comprensión do sistema contencioso-administrativo francés, así como a información básica para a impugnación dos actos administrativos no sistema contencioso-administrativo mexicano. O artigo fai unha análise da orixe e do desenvolvemento do contencioso-administrativo francés; explica as características esenciais do seu sistema, e como influíu no desenvolvemento do modelo mexicano, consolidado a partir do século XX, aínda que dentro dun sistema mixto. Pola súa vez, tamén fai unha descrición da estrutura do Consello do Estado francés e do Tribunal Federal de Xustiza Fiscal e Administrativa, como órganos xurisdicionais. Tamén, explica as bases do sistema de impugnacións en México, especialmente dando unha introdución ao xuízo de amparo.
DERECHOS FUNDAMENTALES DERECHO PÚBLICO SECTOR PÚBLICO PRIVADO DERECHO ADMINISTRATIVO--PONENCIA ESTADO DEMOCRÁTICO POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL MODELOS DE COLABORACIÓN PARLAMENTO CONGRESO ÁREAS METROPOLITANAS JURISPRUDENCIA COMPARADA GESTIÓN ADMINISTRATIVA ADMINISTRACIÓN CENTRAL